Seminario Historiografía e Guerra Civil: a emerxencia do paradigma post-represión

Este xoves 19 de xaneiro ás 17:00 hs celebrarase na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) o seminario “Historiografía e Guerra Civil: a emerxencia do paradigma post-represión”, con motivo do 80 aniversario da Guerra Civil e do 40 aniversario da Transición. Contarase coa aportación e o traballo de Antonio Míguez Macho, historiador e profesor no Departamento de Historia Contemporánea da Facultade de Historia da USC, membro do grupo Histagra, que promove esta actividade xunto a profesorado de secundaria vinculado ao grupo RODA e interesado na temática. O seminario abre as súas portas ao profesorado de secundaria e a todas aquelas persoas interesadas na temática. A entrada será de balde.