Seminario Intelixencia Emocional na Educación Patrimonial

O próximo venres 24 de novembro contaremos coa visita da profesora Myriam Martín Cáceres da Universidade de Huelva, que impartirá o seminario Intelixencia Emocional na Educación Patrimonial.

A charla celebrarase de 10 a 12 hrs, na aula 51 da Facultade de CC. da Educación (Campus Norte).

Presentaranos un pequeno recorrido polas liñas de traballo en Educación Patrimonial do grupo de investigación DESYM, para centrarse na liña de Educación Patrimonial e Emocións.