Seminario impartido pola investigadora Caterina Solé Martínez

O día 21 de xuño ás 11:00 horas, Caterina Solé Martínez, estudante de doutoramento da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), quen se atopa desde hoxe realizando unha estadía de investigación coa área de Didáctica de Ciencias, desenvolverá un seminario de investigación dirixido a estudantes e profesorado RODA interesado na investigación científica na aula de ciencias en clave cidadá. O seminario terá lugar na sala María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (C. Norte) nesa data e horario.

Neste seminario, a estudante presentará datos da súa tese de doutoramento co obxectivo de compartir cuestións relacionadas con esta liña de investigación de enorme interese científico e social. A estudante traballa no proxecto estatal ESPIGA, coordinado pola UAB e a USC do grupo RODA.