Seminarios con Christine Cunningham e Greg Kelly

Seminarios con Christine Cunningham, Participación das nenas en proxectos de tecnoloxía e Greg Kelly, Metodoloxía de investigación con enfoque sociocultural

12 e 13 de setembro do 2019

  • Seminario coa profesora Christine Cunningham (12 de setembro, horario de tarde) sobre a participación das nenas en proxectos de tecnoloxía. Ch. Cunningham é vicepresidenta no Museo de Ciencias de Boston desde 2003, fundou e dirixe Engineering is Elementary (EiE), un proxecto innovador que integra os conceptos de enxeñería no plan de estudos elemental e o desenvolvemento profesional docente (STEM).
  • Seminario co profesor Greg Kelly (13 de setembro, de mañán) sobre metodoloxía de investigación con enfoque sociocultural. G. Kelly é profesor de educación científica e decano principal asociado de investigación, divulgación e tecnología na Penn State University (College of Education): https://ed.psu.edu/directory/gjk13

Estes seminarios están organizados pola área de Didáctica das Ciencias Experimentais do GI RODA: rodausc.gal

Para realizar a inscrición enviar un correo-e a:

roda.grupoinvestigacion@gmail.com