O GI Roda felicítase pola nova tese realizada no grupo (a primeira de 2018). Na fotografía, a nova doutora Sabela Fernández Monteira (a segunda pola esquerda) coas mestras de educación infantil que colaboraron con ela durante tres cursos consecutivos, e a directora (Marilar Jiménez Aleixandre, a cuarta pola esquerda).
A tese, con mención internacional, obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude. Parabéns ás nosas compañeiras Sabela e Marilar.