Traballo con científicos

O GI RODA colabora coa Sección de Cultura Científica do IIM-CSIC nun estudo de aula sobre a Cultura Oceánica . O estudo, levado a cabo por Sandra Carreiras, alumna do Máster de Ed. Secundaria da Especialidade de Ciencias Experimentais, ten lugar baixo unha axuda do IIM-CSIC que co-dirixen Gabriela Ojeda, experta en Divulgación, Cultura Científica e Investigación e Innovación Responsables (RRI) e responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC+i) do IIM-CSIC, e Blanca Puig, coordinadora do GI RODA e investigadora da área de didáctica das ciencias Experimentais.

O día 23 de xuño o Congreso “Encontros IIM 2022” presentará os resultados deste traballo, no que continuan traballando CSIC e GI RODA.