V Xornadas Internacionais de Didáctica da Historia. Ensinar e avaliar en competencias: resultados e propostas de investigación
Murcia, 5 e 6 de xullo de 2018
As V Xornadas Internacionais de Didáctica da Historia queren promover o diálogo entre diversos proxectos de investigación que se están a desenvolver na educación histórica. É a quinta edición dunhas xornadas que permitiron visualizar os resultados de investigación e a confluencia cos profesores de Primaria e Secundaria. A investigación e a innovación son actualmente dous elementos clave da mellora educativa, aínda que non sempre se
converxen. O obxectivo destas xornadas é amosar como os resultados da investigación na educación histórica poden promover accións de innovación e mellorar a práctica docente en Educación Primaria, Educación Secundaria, Educación Superior e Formación de
Profesores.
Inscrición:
1 de xuño - 25 de xuño de 2018
https://casiopea.um.es
Destinatarios:
- Profesorado de Educación Secundaria
- Estudantes do Máster en Formación de Profesorado de Educación Secundaria.
- Titulados e licenciados en Historia, Xeografía, Historia da arte, Educación Primaria,
Educación Infantil e outras áreas relacionadas coas ciencias sociais.