Recentemente, desde a área de Didáctica das Ciencias Sociais, a vicedecana, investigadora e profesora Belén Castro Fernández e o catedrático e profesor emérito, Ramón López Facal, aproveitaron a estancia dun investigador da Universidade de Huelva, Sergio Sampedro Martín, para achegarse a dous dos centros colaboradores do Grupo de Investigación RODA para interesarse polas actividades e proxectos que veñen desenvolvendo nestes últimos tempos.
Un dos centros foi o CPI Plurilingüe de Vedra, que está a desenvolver o programa “Vedra Medra” e cuxa colaboradora é Xulia Marqués Valea. O segundo centro visitado foi o IESP de Ames, coa colaboradora Sabela Cobas Fernández.