Xavier Castro participa no proxecto ¿Qué comer?

Como parte do proxecto “¿Que comer?” sobre alimentación que se está a levar a cabo no IES Xulián Magariños en Negreira en colaboración co seu profesorado, o historiador Xavier Castro foi convidado a impartir o relatorio “Xantares de frades, fidalgos e burgueses, xaxún dos labradores e discriminación das mulleres”, no que percorre a historia da alimentación en Galicia.

Para ver o vídeo, pincha aquí.