O artigo ‘The practice of using evidence in Kindergarten: The role of purposeful observation’” (Journal of Research in Science Teaching, 2016) das investigadoras da USC Sabela F. Monteira e María Pilar Jiménez Aleixandre foi escollido estes días como un dos catro máis relevantes para o profesorado de entre os publicados nas revistas de didáctica de ciencias en Estados Unidos en 2016. Trátase dun traballo pioneiro sobre como o alumnado de infantil pode xerar e utilizar probas empíricas para comprobar ou revisar ideas científicas. O traballo realizouse en colaboración co grupo de mestras de Educación Infantil Torque, que conta cunha longa traxectoria no traballo por proxectos.
Máis información:
http://www.gciencia.com/ciencia/artigo-usc-didactica-de-ciencias/
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_05/noticia_0031.html