O próximo venres 12 de maio, ás 16:00 horas, terá lugar a Xornada sobre educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar no Auditorio do Museo das Peregrinacións (Prza das Praterías, Santiago de Compostela).
A xornada forma parte do programa de actividades que desenvolve a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no contexto do programa do Plan Proyecta “Mirando polo camiño”. Este programa pretende fomentar o coñecemento e a sensibilización da comunidade educativa co patrimonio cultural mediante un contacto directo cos bens patrimoniais do seu contorno inmediato. A celebración desta xornada ofrece unha oportunidade para promover un intercambio de experiencias entre docentes e profesionales do ámbito do patrimonio e buscar novas formas de colaboración.