Defensa pública da tese de doutoramento (Jorge Conde Miguélez)

O vindeiro venres 13 de maio terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “El patrimonio cultural en la educación primaria: Representaciones y prácticas de profesores y estudiantes en los centros públicos de Santiago de Compostela” por un dos compañeiros do grupo RODA. Autor: Don Jorge Conde MiguélezDirectores: Don Ramón Vicente López Facal y … Ler máis

Conferencia – “As imaxes que aniñan nos versos: obradoiro sobre poesía ilustrada”

Este venres, día 25 de abril, terá lugar, en Sálgaa María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte), a conferencia organizada pola profesora Montse Pena Presas, pertencente á área de Didáctica da Lingua e Literatura. O relator Juan Senís, profesor da Universidade de Zaragoza, impartirá esta conferencia que se titula “As imaxes que … Ler máis

Premios extraordinarios de Tese: Noa Ageitos e Pablo Brocos

Dous membros do grupo, Noa Ageitos Prego e Pablo Brocos Mosquera, da área de Didáctica das Ciencias Experimentais, foron merecedores de 2 dos 5 premios extraordinarios de Tese concedidos á grande área de Ciencias Sociais e Xurídicas da USC. Parabéns aos dous e ás súas direccións de teses, Blanca Puig e María Pilar Jiménez.

Monográfico de Alambique: Xenética e Evolución

Publicouse recentemente un monográfico de Alambique titulado “Xenética e Evolución“, que foi coordinado pola profesora Blanca Puig e inclúe varias achegas de autoras de RODA sobre a evolución e as vacinas. Este monográfico engloba traballos relacionados coa xenética e a evolución para a súa aplicación na aula de secundaria. Pretende dar os primeiros pasos para … Ler máis