Recentemente, publicouse un artigo en The Conversation, titulado Qué es la ‘cultura oceánica’ y por qué hace falta enseñarla, sobre a importancia de Ensinar Cultura Oceánica. Trátase dun artigo, escrito, conxuntamente, pola profesora Blanca Puig e dous científicos do CSIC do IIM, Gabriela Ojeda-Romano e José Pintado Valverde, con quen leva colaborando un ano e permanecen traballando nesta liña conxuntamente.