O próximo martes 24 de maio ás 11:00 horas terá lugar a charla “Patrimonios controversiales para la formación ecosocial de la ciudadanía“ no marco do Proxecto I+D+i EPITEC coordinado desde a Universidade de Huelva, no que colabora o Grupo RODA da USC, a cargo do investigador Sergio Sampedro.
A charla está dirixida ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e levarase a cabo na Aula María Barbeito no campus Norte (sala de xuntas). Tamén poderá seguirse a distancia a través da seguinte ligazón: https://uhu.zoom.us/j/6895726516 .