I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial

Os días 4 e 5 de novembro terán lugar as I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial no Museo de Pontevedra. Nace como unha iniciativa deste museo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da área de Didáctica das Ciencias Sociais do Grupo de Investigación Roda.

As xornadas, organizadas principalmente por José Manuel Rey García (Director do Museo de Pontevedra) e Belén Castro Fernández (profesora da área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC), pretenden ser un espazo de reflexión, posta en común e colaboración entre investigadores universitarios dos equipos de desenvolvemento educativo e acción cultural dos museos de Galicia, doutras rexións de España e de Portugal.