Seminario virtual: “Argumentación e proxecto de vida desde os estudios interculturais en México”

O día 15 de outubro, a doutora Alma Adrianna Gómez Galindo impartirá un seminario virtual que leva como título “Argumentación e proxecto de vida desde os estudios interculturais en México”.  A. Adrianna é investigadora no Cinvestav, na unidade de Monterrey, México. Conta cunha longa traxectoria científica no ámbito da argumentación e nas cuestións identitarias no ensino de ciencias en comunidades locais e indíxenas en Chiapas.

Presentará dende a educación sociocrítica (na que os elementos culturais cobran relevancia), elementos teóricos, metodolóxicos e prácticos que guiaron o traballo do seu grupo de investigación, así coma perspectivas a futuro e retos.