Seminario de formación en investigación
22, 23 e 24 de xaneiro de 2020. Aula 14 da Facultade de C. da Educación (Campus Norte)
Tratamento de datos e pautas de difusión de resultados na área de Didáctica das Ciencias Sociais
Impartido polos doutores Cosme Gómez Carrasco da Universidade de Murcia e Jairo Rodríguez Medina da Universidade de Valladolid
Mércores 22 de xaneiro
16:00-20:00h.
Fundamentación da investigación: Claves para unha revisión sistemática da literatura.
Nesta sesión analizaranse algunhas técnicas e instrumentos que permiten facer una revisión sistemática da literatura: rastrexo de publicacións relevantes en bases de datos internacionais, análise desa literatura, deseño das preguntas de investigación e obxectivos, etc.
Xoves 23 de xaneiro
9:00 a 14:00 h.
Análise cuantitativa de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais
Nesta sesión revisaranse técnicas e instrumentos para realizar análisis cuantitativos de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais. En primeiro lugar, revisaranse publicacións en números actuais de revistas da área de ciencias da educación e didáctica das ciencias sociais para comprobar qué técnicas e instrumentos se están utilizando. En segundo lugar revisaranse as técnicas básicas de análise cuantitativa, especialmente de cuestionarios: fiabilidade, validez, descriptivos, inferencial e análise factorial.
16:00 a 20:00 h.
Análise cualitativa de datos e técnicas de metodoloxía observacional
Nsta sesión revisaranse técnicas e instrumentos para realizar análises cualitativos de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais e levar a cabo análies relacionadas con metodoloxía observacional. En primeiro lugar, revisaranse publicacións en números actuais de revistas da área de ciencias da educación e didáctica das ciencias sociais para comprobar qué técnicas e instrumentos se están utilizando. En segundo lugar, revisaranse as técnicas básicas de análise cualitativa: análise de contidos e de redes.
Venres 24 de xaneiro
9:00 a 12:00h.
Sesións personalizadas de orientación (individuais) sobre investigacións en curso
O Seminario está aberto á participación de calquera alumna e alumno de doutoramento do Programa de Educación.
Precísase realizar previamente a inscrición (que é gratuíta) enviando un correo-e a: leticiacastro.calvino@usc.es
O seminario está recoñecido como actividade formativa para alumnado de dotoramento ao que se lle expedirá a certificación correspondente
Director do Seminario: Ramón López Facal: ramon.facal@usc.es
Coordinadora: Belén Castro Fernández: belen.castro@usc.es
Secretaría: Leticia Castro: leticiacastro.calvino@usc.es