MENUDO FOROACUI

O venres 17 de novembro de 2023, a profesora Blanca Puig participou como relatora no evento “Menudo Foroacui”. Trátase dunha presentación a 250 estudantes de educación, que ían acompañados polos seus profesores/as e que participan nun proxecto FECYT sobre o océano.

Blanca Puig, profesora da área de Didáctica de Ciencias Experimentais, que participa no proxecto FECYT con expertos do CSIC do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, realizou este venres 17 de novembro no Palacio de Congresos do Grove, unha charla divulgativa dirixida ao alumnado de educación primaria de distintos centros de Galicia (250 estudantes) sobre aprender cultura oceánica e a súa importancia para facer fronte a desafíos relacionados co cambio climático.

Trátase dunha actividade de transferencia do grupo RODA e da área de Didáctica de Ciencias Experimentais, sobre unha liña de traballo emerxente, a cultura oceánica, que Branca Puig iniciou hai dous anos mediante distintos estudos en colaboración co CSIC e Noa Ageitos, docente e colaboradora da área de Didáctica de Ciencias Experimentais do grupo RODA.