Investigadoras e docentes da área de Didáctica de Ciencias Experimentais do GI RODA publicaron recentemente unha proposta didáctica sobre as vacinas da COVID-19 e a controversia que xeran, que inclúe materiais didácticos deseñados para a abordaxe de controversias de saúde na aula de secundaria. Estes recursos foron creados para facilitar o ensino de Bioloxía e Xeoloxía en secundaria de acordo ao novo modelo de currículo. Trátase da primeira entrega de recursos para SM, baseados no traballo conxunto de Blanca Puig e Noa Ageitos nesta temática e outras de relevancia socia. Este mes publicarase outro recurso elaborado polas autoras e investigadoras do CSIC para a abordaxe de problemas sistémicos relativos ao medio mariño.
A xeración e transferencia de recursos docentes baseados na investigación continua sendo unha parte esencial do traballo RODA.